Friday 29 de March de 2024

A ANPA e o Concello organizan clases de teatro en Camelle


· Comezarán no mes de marzo e estarán impartidas por Rosario do Ruso.

· Para anotarse hai que enviar un correo a anpacamelle@gmail.com incluíndo nome, apelidos, idade e dispoñibilidade de horarios.

A Asociación de Nais e Pais de Camelle, en colaboración co Concello de Camariñas, organizan nesta parroquia unha actividade para aprender a facer teatro dirixida a persoas maiores de 3 anos.

A formación, que estará impartida por Rosario do Ruso, comezará no mes de marzo e as sesións terán dúas horas de duración. Previamente, o 28 de febreiro, haberá unha reunión coas persoas participantes para explicar o funcionamento desta iniciativa.

As persoas interesadas en participar deben enviar un correo electrónico a anpacamelle@gmail.com indicando o seu nome, apelidos, idade e tamén a dispoñibilidade de horarios que ten. O prezo desta actividade será de 10 euros ao mes.